viernes, 19 de octubre de 2012

Evolución (?)

Houbo un tempo no que os homes non eran homes.
"Camiñaban" se así se puidera chamar, cravando os nudillos de igual maneira que os pés; polas áridas terras marróns,  ou pola  húmida lama que cobría os chans do norte.

Hoxe en día, nós, os resabidos Sapiens - Sapiens, contemplamos a aqueles proxectos de homínidos prehistóricos con superioridade, ó velos camiñar encorvados, e case semellando ós pasos dun meniño pequecho nos seus primeiros meses de vida.

Pero esta especie en proceso de formación, a humana chamada, como tódalas especies na historia que tiveron a sorte de chegar até os nosos días, comezou a experimentar cambios.
Pouco a pouco a supervivencia resultaba máis sinxela e isto ocorría paralelamente ó proceso de cefalización destes nosos antigos tataravós, fomos aprendendo e razoando e isto fíxonos sentirnos superiores.


..Pero, á marxe de todos estes importantes cambios, produciuse un que destacóu sobre o resto.


O home, que pouco se distinguía dun simio nos andares,enderezou as súas costas. As súas mans fóronse afastando do chan, dándolle liberdade de movementos nas extremidades superiores, o que lle serviu para utilizalas como ferramentas indispensábeis para o desenvolvemento humano.

ESTE PRIMITIVO SER ADOITOU UNHA POSTURA ERGUEITA, EN PÉ, O QUE FIXO POSIBLE A VISTA Ó FRONTE.

Postura ergueita, vista ó fronte. Mans que loitan.

Á marxe de todo o que sabemos xa destes os nosos primeiros devanceiros, seguimos tendo moito que aprender deles.

Érgámonos pra'loitar cas nosas máns, pois o noso futuro está ó fronte e nunca atrás.