lunes, 28 de mayo de 2012

Onde queira que esteas..

A doce muller reposa no leito
pensando sen ve-la súa vida pasar
a mente vagando cos ollos no teito
quén este mal che puidera arrincar!

Viúva casou, cun bo mariñeiro,
que foxe cos ventos ó compás do mar
fermosa meniña mora no seu ventre
sen pai dende nova aprendeu a medrar.

A nena naceu cun futuro incerto
pois nada doada era a vida sen pai
se ben o mundo lle ficou aberto
foi grazas á dura suor da súa nai.

A filla medraba, topando cun home
Con quén ó mundo os seus fillos botar
fachendosa avoa os olla sorrinte
boa maneira de non descansar.

Topouse ó fin coa vida resolta
os ledos netiños a súa condición;
quen imaxinou puider da-la volta
á vida de ensoño que tanto buscou.

Unha sombra negra do soño a espertaba
invadindo o corpo da boa muller
Pois isto non é máis que xogo de azar
ninguén sabe a quén lle ha de tocar.

Devorada por dentro sen máis dilación
non atende a rezos nin boa razón
forza sobrehumana da morte a logra salvar
Camiña vixiante coa luz do luar.

Pasaban os anos, a sombra corría
a boa muller xa languidecía
escura e sen forza, morna realidade
antes morrer que escoita-la verdade.

Seu bo pensamento trocou en máis nada
O seu corazón atopaba parada
Marchou ó carón da luz da súa vida
durmiu sen ter febre, nin dor nin ferida.

E así pode que remate este conto
da forte señora vestida de loito
de vida gañada, caendo no erro
Contámo-la historia da dama de ferro.

Quérote, avoa.




martes, 22 de mayo de 2012

OUTRO POEMA DA TERRA MÁIS



Non quero volver falar
Dalgo tan e tan falado
Paisaxe verde galego
Quén non o ten escoitado?

Xa o dixo noso Eduardo
Cando poeta namorado
Da terra creaba versos
Verdor cinguido dos castros

E a nosa Rosalía,
Non o ten ben comentado?
De maravillas de lenda
Moitos teñen recitado

Pero o caso; este tema
Difícil non mencionalo
Tan fermoso ben temos
Digno de ser admirado

Terriña galega nosa,
Tesouro mellor gardado
Abre as portas o mundo
Quen pode non desexalo?


Aprende a valorar, galego
Da terra a túa natureza
Pois xamáis vin, na miña vida
Paraxe de tal beleza.

jueves, 17 de mayo de 2012

Onte, antonte, hoxe, mañán. Sempre.

Hoxe, día das letras galegas.
Tódolos que amamos esta lingua sentimos este día coma noso, e estamos ditosos que de exista un día así.
Todos?
Non. 
Non queremos ó noso pai tódolos días? Ou só o queremos o día do pai? Sabedes moi ben a resposta. 
Deberiamos lembra-la terra, lembra-la lingua, lembrarnos a nós tódolos días da nosa vida, e non só hoxe.
Temos motivos para estar orgullosos do que temos, ou non?
Sexa como sexa, hoxe é un día que celebrar; e non só porque sexa festivo.
Hoxe é o día da patria.