A doce muller reposa no leito
pensando sen ve-la súa vida pasar
a mente vagando cos ollos no teito
quén este mal che puidera arrincar!
Viúva casou, cun bo mariñeiro,
que foxe cos ventos ó compás do mar
fermosa meniña mora no seu ventre
sen pai dende nova aprendeu a medrar.
A nena naceu cun futuro incerto
pois nada doada era a vida sen pai
se ben o mundo lle ficou aberto
foi grazas á dura suor da súa nai.
A filla medraba, topando cun home
Con quén ó mundo os seus fillos botar
fachendosa avoa os olla sorrinte
boa maneira de non descansar.
Topouse ó fin coa vida resolta
os ledos netiños a súa condición;
quen imaxinou puider da-la volta
á vida de ensoño que tanto buscou.
Unha sombra negra do soño a espertaba
invadindo o corpo da boa muller
Pois isto non é máis que xogo de azar
ninguén sabe a quén lle ha de tocar.
Devorada por dentro sen máis dilación
non atende a rezos nin boa razón
forza sobrehumana da morte a logra salvar
Camiña vixiante coa luz do luar.
Pasaban os anos, a sombra corría
a boa muller xa languidecía
escura e sen forza, morna realidade
antes morrer que escoita-la verdade.
Seu bo pensamento trocou en máis nada
O seu corazón atopaba parada
Marchou ó carón da luz da súa vida
durmiu sen ter febre, nin dor nin ferida.
E así pode que remate este conto
da forte señora vestida de loito
de vida gañada, caendo no erro
Contámo-la historia da dama de ferro.
Quérote, avoa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario