Revolución. Este concepto
pode dar lugar a unha ampla gama de significados, así como a un abanico das
máis diversas interpretacións alleas.
Suxire cambios,
movemento, innovacións.
Actuar.
Iso é o que
pretende significar esa tan enormemente mentada verba, tan usada para fins e
procedementos tan contrarios a súa verdadeira designación.
Ese movemento,
eses cambios, esas innovacións que na man tiñamos; quedaron relevadas o dito e
non ó feito, á palabra e non ó acto, ó falado xamais posto en práctica.
Sí, porque se hai
algo que gusta ó xénero humano iso é falar.
Falar de
proxectos, de ideas explosivas, falar, en fin, da revolución que polo seu
aburguesado benestar non son capaces de levar a cabo.
É moi fácil falar
coma un pobre sendo rico. Moi fácil falar de dereitos alleos sentado no sofá, e
cunha copa do mellor viño da terra na man. Moi sinxelo levantar o puño cun
Rólex colgado en prol dos que xamais o terán.
Ca boca chea de
revolución e cos brazos caídos, afogados nas comodidades que de outros
criticamos, malgastando e falando dos dereitos do máis pobre; alegando falta de
medios para levar a práctica as nosas empresas.
¿Qué medios son
necesarios para salva-lo noso mundo?
Erguerse é o primeiro deles, o demáis é esforzo e traballo, pero NON!
Preferimos falar dende casa, quentiños e co noso prato cheo diante.
Revolucionarios
de salón, señores, iso somos.
Resgardados tras
unha parede feita de principios e ideais que presentamos coma nosos. Hipócritas
coma aqueles os que criticamos.
E, que conste; escribo
isto dende a miña casa de veraneo cun ordenador portátil sobre pernas.
No salón .