martes, 21 de agosto de 2012

Revolucionarios de salón.


Revolución. Este concepto pode dar lugar a unha ampla gama de significados, así como a un abanico das máis diversas interpretacións alleas.
Suxire cambios, movemento, innovacións.
Actuar.
Iso é o que pretende significar esa tan enormemente mentada verba, tan usada para fins e procedementos tan contrarios a súa verdadeira designación.
Ese movemento, eses cambios, esas innovacións que na man tiñamos; quedaron relevadas o dito e non ó feito, á palabra e non ó acto, ó falado xamais posto en práctica.
Sí, porque se hai algo que gusta ó xénero humano iso é falar.
Falar de proxectos, de ideas explosivas, falar, en fin, da revolución que polo seu aburguesado benestar non son capaces de levar a cabo.
É moi fácil falar coma un pobre sendo rico. Moi fácil falar de dereitos alleos sentado no sofá, e cunha copa do mellor viño da terra na man. Moi sinxelo levantar o puño cun Rólex colgado en prol dos que xamais o terán.
Ca boca chea de revolución e cos brazos caídos, afogados nas comodidades que de outros criticamos, malgastando e falando dos dereitos do máis pobre; alegando falta de medios para levar a práctica as nosas empresas.
¿Qué medios son necesarios para salva-lo noso mundo?  Erguerse é o primeiro deles, o demáis é esforzo e traballo, pero NON! Preferimos falar dende casa, quentiños e co noso prato cheo diante.
Revolucionarios de salón, señores, iso somos.
Resgardados tras unha parede feita de principios e ideais que presentamos coma nosos. Hipócritas coma aqueles os que criticamos.
E, que conste; escribo isto dende a miña casa de veraneo cun ordenador portátil sobre pernas.
No salón .

No hay comentarios:

Publicar un comentario