jueves, 13 de septiembre de 2012

FÉRVEME O SANGUE

Ferve, coma unha pota na lareira, coma os beizos en verán.

Deixa que outro che crave un coitelo. Que fure o teu corpo fondo, que atravese a túa carne.
Que a sangue flúa a borbotones, vermella, deslizándose polo teu corpo quente mesturada ca súor fría.
Deixa que o coitelo xee a pel, sinte o xeo no teu interior, a dor, a rabia
a impotencia ó saber que non podes facer nada
As bágoas tentan estoupar nos teus ollos, pero ti apretas os dentes, de forma que doa, mentres o coitelo revólvese no teu interior, facéndose dono da situación,
sendo ti suxeito pasivo neste apuñalamento.

Agora, intenta arrincarte o coitelo co rostro sereno.
Xamáis sentiras unha dor semellante. Quererás morrer mesmo nese intre, quererás abandoar, quererás deixarte levar polo camiño fácil.

Pero non o farás, e tirarás do coitelo cara fora, sentindo esa dor tan intensa, arrincándoo do teu interior, liberándote del.

Xa non hai dor, xa non hai pesar, xa non hai rabia.
So alivio.


E iso é o que se sinte cando o sangue che ferve.

Dor, impotencia, rabia, furia pola inxusticia.

Pero alivio e satisfacción na victoria trala loita.










2 comentarios:

  1. Non podía estar mellor escollida a metáfora do coitelo para simbolizar a impotencia ante a inxustiza.
    É a sensación de todos os inconformistas pero só se ademais es un rebelde e un loitador logras a forza para arrancar o coitelo.

    O texto faime pensar no Porco de pé e, en referencia o doutor Alveiros, recordar que non hai merda máis grande que deixarse o coitelo dentro ata acostumarse a dor e converterse no que se odiaba.

    ResponderEliminar
  2. Exacto,
    aínda que doa arrincalo, sempre doerá máis ter a sensación que que se está a podrer no teu interior.


    :)

    ResponderEliminar