domingo, 5 de agosto de 2012

MENSAXES DO VENTO


Día gris de perla escura,
Reflexiono esta mensaxe;
Que con verbas corta o vento
do seu contido salvaxe.

Dor aguda enche o ambiente,
De corazóns encollidos
Unha nai fica baleira
Dos que un día foron fillos.

Por querer voar ben lonxe
Esqueceron as raíces,
Por querer saír ó mundo
Voltaron vellos e grises

Enterrando á nai galega,
Entre bandeiras foráneas
Tratando de lingua vella
Ó verde idioma da patria

Rompendo cas tradicións
Feitas de anciás silandeiras
Enchendo ca indiferencia
De ocos nosas fronteiras

Pero lonxe destes feros,
Negros nemigos da patria
Quedamos certos galegos,
Ditosos da nosa fala;
Do noso pobo de ferro
Das ondas do noso mar,
Que sorrimos cando vemos
Galega bandeira ondear.




No hay comentarios:

Publicar un comentario