Hoxe, onte, antonte, o ceo galego viste de gris.
Existe nesta terra, por mor do devenir ou qué sei eu, un home ou muller de mal, que, sen un motivo que eu poida chegar a comprender, disfruta vendo arder ó seu propio patrimonio.
Si, oxe as Fragas do Eume berran sen que ninguén as escoite, mentres o seu corpo morre en silencio.
Bendita xoia galega que non soubemos apreciar ata que agora a perdemos.
Mestúrase a dor co vento e as cinzas enchen a paisaxe, voan os recordos do verdor de anos atrás que xa non existe, e no seu lugar queda unha negrura da cor da noite.
No hay comentarios:
Publicar un comentario