sábado, 14 de abril de 2012

A resposta é sinxela.

¿Qué ten esta terra, capaz de facer que tantos perderan á cabeza por ela?
¿Qué é, señores, o que a fai diferente ó resto?
¿Qué pode empurrar a un home a perde-la vida por un anaco de terreo?
A resposta, xentes de ben ou de mal, é que iste non é un anaco de terreo calquera.
É unha muller fermosa e fértil, de cabelos verdes e longos, corpo forte e cos pes sempre feitos ó camiño, bicándonos con beizos de xeo.
Mans abertas e brancas, convidándonos a vivir no seu ventre, ollos abertos que todo o ven.
Paraíso para algúns, perdición para outros.
Galiza para todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario