Como aquí cabe todo, hai de todo.
Temos dende os loitadores que sosteñen a súa vida sobre uns ideais polos que a viva voz pelexan; nos que se fundamenta o seu vivir.
Os hai silenciosos, sorrintes, felices e cheos; sen preocupacións.
Os hai sumisos. Grises. Sen vida, sen forza. Sen aspiracións. Coa felicidade que o pasotismo produce.
Os hai carraxentos e cheos de alevosía, que rezuman maldade ó seu paso, coa lingua envelenada, que gozan como trasnos e sorríen coma demos.
Pero noutra parte, Galicia chora.
Galicia morre de fame. Galicia medra na rúa.
Galicia non coñece máis amor que o que perdeu; Galicia ten frío e Galicia morre de calor.
Galicia é esquecida.
Esquecida por nós, esquecida polos seus propios fillos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario