Se non vas defende-la patria, atrás.
Se non vas morrer polos teus ideais, atrás.
Se, sendo galego non te sintes como tal, atrás
Se non che importa ver morir á terra, atrás.
Non podes camiñas connosco se non nos respetas.
Nós, escollímo-lo noso camiño cando, despois de nacermos galegos, decidimos seguilo sendo.
Todos recibimos esa invitación ó nacer nesta terra;
despois somos nós os que decidimos se queremos vivir como galegos, ou non.
..e ti, cal é o teu camiño?
martes, 27 de marzo de 2012
lunes, 26 de marzo de 2012
DÍAS GRISES
Carballos vellos de podres pulmóns;
ledicia soterrada.
Cantos dos mares cheos de carbón,
raíz arrincada.
Montes e fragas, corazón baldeiro
Bebendo da ría as bágoas do ceo.
Negrura homoxénea non deixa vivir;
non quere atopar un lugar onde ir.
Lémbraste, de cando aínda vivías?
a lúa do ceo é curiosa.
Non garda recordos, pois nunca viviu
querendo loitar, polo que non existiu.
ledicia soterrada.
Cantos dos mares cheos de carbón,
raíz arrincada.
Montes e fragas, corazón baldeiro
Bebendo da ría as bágoas do ceo.
Negrura homoxénea non deixa vivir;
non quere atopar un lugar onde ir.
Lémbraste, de cando aínda vivías?
a lúa do ceo é curiosa.
Non garda recordos, pois nunca viviu
querendo loitar, polo que non existiu.
sábado, 24 de marzo de 2012
Coa unlla do meu dedo máis firme
Anxo negro de versos de xeo,
singular personaxe de ollada perdida,
poeta maldito encerrado no ceo;
nos seus recordos morría de sida.
Polémica imaxe, bulía carraxe
postura ausente, fica indiferente
corazón ceibe, alma enxebreira
a vída gardáballe desgraza e xenreira.
Náufrago dentro do seu propio paraíso,
figura malfadada da súa xeración;
querendo vivir, do que o destino non quixo
presencia Pereiro a súa destrucción.
Pero xamáis se agochou,
entre a morte e a vida loitou,
negro paxaro, libre voóu
homenaxe galega a Pereiro, Lois.

viernes, 23 de marzo de 2012
TERRA VIRXE
A miña terra, terra dona dos meus mares, respira a friaxe dos ventos do norte, o verde dos campos, os berros azuis mariñeiros. As sombras dos carballos xogando ás agochadas nos montes, as bágoas húmidas das fragas, feitizos de meigas, noites de queimada.
Contos de vellas, nas túas orellas, herdanza lendaria; pobo celta de corazón de ferro e sangue de lume, sostendo a terra cos ombreiros fortes e a suor do traballo, coa fronte bicando ás nubes, cheos de Galicia ata o máis profundo, felices, galegos, orgullo de patria.
A carraxe dos mares bate nos golfos, mordéndolle os barcos, trepando ata acadar os cumios dos faros, inspirando ós poetas; os choros dos ventos mesturados coa chuvia, bañando a nación; ceos de cor gris perenne amarrados ó norte, que encollen ás almas; árbores facéndose agarimos, vixiando que a nosa historia perdure paralela ó tempo.
Sangue cor azul, verde e gris, cores galegas;
Cores dun pobo celta, Galicia; ceibes somos e ceibes seremos sempre.

jueves, 22 de marzo de 2012
FORTE
Voces mariñas, voces flamantes
voces de nenos de berros chamantes,
voces escuras de xentes doentes,
voces frías de amarguras quentes.
Voces de vellas, voces dos mares,
voces molladas afogadas nos lares,
voces carraxentas, pedindo xustiza,
voces galegas, voces de Galiza.
Voces viaxando co mar cara as estrelas,
voces tentando rompe-las cadeas,
voces lembrando metidas en veas,
que morren e viven polo que paga a pena.
Voces cantantes, voces sumisas,
voces caladas, axusticiadas
voces baixando tra-la subida,
voces que chegan, voces que o negan,
voces devotas e outras tantas ateas.
Voces famentas, voces miserables
voces que nunca se mostran amables,
voces correntes, e outras patriotas
voces que con sangue, pola súa terra loitan.
Voces chorando de felicidade,
voces quecendo de amor e saudade.

Lingua, ¿capaz ou incapaz?
22 de marzo, 2012; unha parada de autobús calquera nunha cidade calquera.
Miro cara a miña dereita: varón de mediana idade, de avanzada calvicie e ollos negros xoguetea coas chaves, ó tempo que emite o seguinte comentario á muller que ten ó lado.
- A mi no me parece normal este uso del gallego, no me parece bien ni que se la considere lengua. Seamos realistas y llamémosla por lo que es, un dialecto del castellano, sin más ciencia, el idioma de la incultura en Galicia.
Ó que ela responde:
-Completamente de acuerdo, mis hijos detestan el gallego y se les obliga a estudiarlo en el colegio como si de una lengua se tratase.
A conversación continúa pero eu xa non a escoito. Poño os auriculares e comezo a pensar.
¿É o galego unha lingua digna de estudo? Hai moi diversas opinións sobre o particular, uns din que si, outros que non, a maioría nin o plantea, ¿Por qué?
O galego, a lingua suave por excelencia, lingua celta, lingua nosa. Lingua por cuxa defensa moitos morreron, feita de menos moitas veces, despreciada e alabada; querida e odiada, sexa como sexa, nosa.
É unha porción de cada galego e galega do mundo, esa indentidade, o que nos distingue do resto; porque se ti levas a Galicia no corazón, crerás que os berros en lingua galega son os que mellor e máis alto se escoitan, cun clamor que pode alzar mans e mans, que fará resoar o ardor desta nosa lingua amada ata donde queiramos nós que chegue.
Cóidaa, é túa.
É nosa.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)