viernes, 23 de marzo de 2012

TERRA VIRXE

A miña terra, terra dona dos meus mares, respira a friaxe dos ventos do norte, o verde dos campos, os berros azuis mariñeiros. As sombras dos carballos xogando ás agochadas nos montes, as bágoas húmidas das fragas, feitizos de meigas, noites de queimada.
Contos de vellas, nas túas orellas, herdanza lendaria; pobo celta de corazón de ferro e sangue de lume, sostendo a terra cos ombreiros fortes e a suor do traballo, coa fronte bicando ás nubes, cheos de Galicia ata o máis profundo, felices, galegos, orgullo de patria.
A carraxe dos mares bate nos golfos, mordéndolle os barcos, trepando ata acadar os cumios dos faros, inspirando ós poetas; os choros dos ventos mesturados coa chuvia, bañando a nación; ceos de cor gris perenne amarrados ó norte, que encollen ás almas; árbores facéndose agarimos, vixiando que a nosa historia perdure paralela ó tempo.
Sangue cor azul, verde e gris, cores galegas;
Cores dun pobo celta, Galicia; ceibes somos e ceibes seremos sempre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario