Anxo negro de versos de xeo,
singular personaxe de ollada perdida,
poeta maldito encerrado no ceo;
nos seus recordos morría de sida.
Polémica imaxe, bulía carraxe
postura ausente, fica indiferente
corazón ceibe, alma enxebreira
a vída gardáballe desgraza e xenreira.
Náufrago dentro do seu propio paraíso,
figura malfadada da súa xeración;
querendo vivir, do que o destino non quixo
presencia Pereiro a súa destrucción.
Pero xamáis se agochou,
entre a morte e a vida loitou,
negro paxaro, libre voóu
homenaxe galega a Pereiro, Lois.
No hay comentarios:
Publicar un comentario