lunes, 26 de marzo de 2012

DÍAS GRISES

Carballos vellos de podres pulmóns;
ledicia soterrada.
Cantos dos mares cheos de carbón,
raíz arrincada.

Montes e fragas, corazón baldeiro
Bebendo da ría as bágoas do ceo.
Negrura homoxénea non deixa vivir;
non quere atopar un lugar onde ir.

Lémbraste, de cando aínda vivías?
a lúa do ceo é curiosa.
Non garda recordos, pois nunca viviu
querendo loitar, polo que non existiu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario