O oco do meu peito sangraba
mentres nos ollos
morríanme as bágoas
as ideas mortas que nunca tiven
agora podrecían
baixo un sol cheo
de lenta agonía
Que queda? Que permanece?
se até o máis verde perece
ata as vontades de ferro
escurecen
tentar escribir
versos inmortais
pra'que?
poerentos e negros
baleiros e tesos
tremendo
de medo
chorando; de rabia
as unllas no pescozo esvaran
o sangue derrama;
moi fráxil, sen brío
sen quente
sen frío
sen paz
sen respiro..
...
viernes, 16 de noviembre de 2012
viernes, 19 de octubre de 2012
Evolución (?)
Houbo un tempo no que os homes non eran homes.
"Camiñaban" se así se puidera chamar, cravando os nudillos de igual maneira que os pés; polas áridas terras marróns, ou pola húmida lama que cobría os chans do norte.
Hoxe en día, nós, os resabidos Sapiens - Sapiens, contemplamos a aqueles proxectos de homínidos prehistóricos con superioridade, ó velos camiñar encorvados, e case semellando ós pasos dun meniño pequecho nos seus primeiros meses de vida.
Pero esta especie en proceso de formación, a humana chamada, como tódalas especies na historia que tiveron a sorte de chegar até os nosos días, comezou a experimentar cambios.
Pouco a pouco a supervivencia resultaba máis sinxela e isto ocorría paralelamente ó proceso de cefalización destes nosos antigos tataravós, fomos aprendendo e razoando e isto fíxonos sentirnos superiores.
..Pero, á marxe de todos estes importantes cambios, produciuse un que destacóu sobre o resto.
O home, que pouco se distinguía dun simio nos andares,enderezou as súas costas. As súas mans fóronse afastando do chan, dándolle liberdade de movementos nas extremidades superiores, o que lle serviu para utilizalas como ferramentas indispensábeis para o desenvolvemento humano.
ESTE PRIMITIVO SER ADOITOU UNHA POSTURA ERGUEITA, EN PÉ, O QUE FIXO POSIBLE A VISTA Ó FRONTE.
Postura ergueita, vista ó fronte. Mans que loitan.
Á marxe de todo o que sabemos xa destes os nosos primeiros devanceiros, seguimos tendo moito que aprender deles.
Érgámonos pra'loitar cas nosas máns, pois o noso futuro está ó fronte e nunca atrás.

viernes, 28 de septiembre de 2012
PALABRAS
Inxustiza.Dor.Fame.Medo.Conformismo.Resignación.Tristura.Represión.Escravitude.Hipocresía.Coacción.Mentiras.Guerra.Golpes.Tiros.Sangue.Morte.Indiferenza.Sufrimento.Maldade.Pasotismo.Alevosía.Ambición.Envidia.Tortura.Desinformación.Censura.Intimidación.Violencia.Crime.Soberbia.Poder.Incultura.Desinterés.Diñeiro.Ostentación.Necesidade.Infelicidade.Incomprensión.Rincor.Crueldade.Perfección.Soidade.
¡P R O T E S T O!
¡P R O T E S T O!
martes, 18 de septiembre de 2012
Adverbio de negación
-Temos tantas ansias, tantas ganas de come-lo mundo a base de trabadas decisivas,
tanta revolución enchéndonos os beizos, que..
que..
..
-Que limitámonos a frear cando nos poñen un balado diante.
tanta revolución enchéndonos os beizos, que..
que..
..
-Que limitámonos a frear cando nos poñen un balado diante.
jueves, 13 de septiembre de 2012
FÉRVEME O SANGUE
Ferve, coma unha pota na lareira, coma os beizos en verán.
Deixa que outro che crave un coitelo. Que fure o teu corpo fondo, que atravese a túa carne.
Que a sangue flúa a borbotones, vermella, deslizándose polo teu corpo quente mesturada ca súor fría.
Deixa que o coitelo xee a pel, sinte o xeo no teu interior, a dor, a rabia
a impotencia ó saber que non podes facer nada
As bágoas tentan estoupar nos teus ollos, pero ti apretas os dentes, de forma que doa, mentres o coitelo revólvese no teu interior, facéndose dono da situación,
sendo ti suxeito pasivo neste apuñalamento.
Agora, intenta arrincarte o coitelo co rostro sereno.
Xamáis sentiras unha dor semellante. Quererás morrer mesmo nese intre, quererás abandoar, quererás deixarte levar polo camiño fácil.
Pero non o farás, e tirarás do coitelo cara fora, sentindo esa dor tan intensa, arrincándoo do teu interior, liberándote del.
Xa non hai dor, xa non hai pesar, xa non hai rabia.
So alivio.
E iso é o que se sinte cando o sangue che ferve.
Dor, impotencia, rabia, furia pola inxusticia.
Pero alivio e satisfacción na victoria trala loita.

martes, 21 de agosto de 2012
Revolucionarios de salón.
Revolución. Este concepto
pode dar lugar a unha ampla gama de significados, así como a un abanico das
máis diversas interpretacións alleas.
Suxire cambios,
movemento, innovacións.
Actuar.
Iso é o que
pretende significar esa tan enormemente mentada verba, tan usada para fins e
procedementos tan contrarios a súa verdadeira designación.
Ese movemento,
eses cambios, esas innovacións que na man tiñamos; quedaron relevadas o dito e
non ó feito, á palabra e non ó acto, ó falado xamais posto en práctica.
Sí, porque se hai
algo que gusta ó xénero humano iso é falar.
Falar de
proxectos, de ideas explosivas, falar, en fin, da revolución que polo seu
aburguesado benestar non son capaces de levar a cabo.
É moi fácil falar
coma un pobre sendo rico. Moi fácil falar de dereitos alleos sentado no sofá, e
cunha copa do mellor viño da terra na man. Moi sinxelo levantar o puño cun
Rólex colgado en prol dos que xamais o terán.
Ca boca chea de
revolución e cos brazos caídos, afogados nas comodidades que de outros
criticamos, malgastando e falando dos dereitos do máis pobre; alegando falta de
medios para levar a práctica as nosas empresas.
¿Qué medios son
necesarios para salva-lo noso mundo?
Erguerse é o primeiro deles, o demáis é esforzo e traballo, pero NON!
Preferimos falar dende casa, quentiños e co noso prato cheo diante.
Revolucionarios
de salón, señores, iso somos.
Resgardados tras
unha parede feita de principios e ideais que presentamos coma nosos. Hipócritas
coma aqueles os que criticamos.
E, que conste; escribo
isto dende a miña casa de veraneo cun ordenador portátil sobre pernas.
No salón .
domingo, 5 de agosto de 2012
MENSAXES DO VENTO
Día gris de perla
escura,
Reflexiono esta
mensaxe;
Que con verbas corta
o vento
do seu contido
salvaxe.
Dor aguda enche o ambiente,
De corazóns
encollidos
Unha nai fica baleira
Dos que un día foron fillos.
Dos que un día foron fillos.
Por querer voar ben
lonxe
Esqueceron as raíces,
Por querer saír ó
mundo
Voltaron vellos e
grises
Enterrando á nai
galega,
Entre bandeiras
foráneas
Tratando de lingua
vella
Ó verde idioma da
patria
Rompendo cas
tradicións
Feitas de anciás
silandeiras
Enchendo ca
indiferencia
De ocos nosas
fronteiras
Pero lonxe destes
feros,
Negros nemigos da
patria
Quedamos certos
galegos,
Ditosos da nosa fala;
Do noso pobo de ferro
Das ondas do noso
mar,
Que sorrimos cando
vemos
Galega bandeira
ondear.
miércoles, 11 de julio de 2012
VOCES DE TINTA
Saído da man de @Eche_UnMisterio e @Unhavoz
Liberdade de nove bágoas,
non podemos atopar
non podemos atopar
moitos homes e moitas esperanzas
perdéronse no seu cantar.
Inxustizas a cotío
tivemos que aghoantar
a nosa Terra, que non esquece,
algún día ten que loitar.
Moito nos quitaron,
e nos privaron de soñar,
pero esta xente, que non esquece
as súas esperanzas cumprido fin terán.
Medramos tentando acadar o ceo,
nesta terra virxe de bágoas de fel
cólleme da man, pra xuntos botar a ascender,
na memoria dos que un día xuraron vencer.
A esperanza nas rúas medra,
a loita reside nos brazos dos bos;
paseando polo mundo un corazón de pedra,
Decátate, non loitamos sós.
E os brazos dos homes

Chegados serán os menceres roxos
virán da man das noites en mármore esculpidas
aldraxes e inxustizas, cincel e martelo
polas meixelas fluirán,
lapas do inferno.
As mas loitarán baldeiras de armas,
dos beizos encarnados fluirá con xustiza
a voz e a palabra.
E os brazos dos homes
frotarán por enriba das armas das bestas
que din nacer sendo persoas,
e morren coa alma feita dos cans comesta.
Farase despois, xustiza, inexistente concepto
depurada cal ventre de reloxo suízo
non a de agora, ¡xustiza! vaia...
de limpo principio ferido
por mor do cobizo.
miércoles, 27 de junio de 2012
SEN MÁIS
Retranca.
A dos vellos nos bares, xogando a partida as catro da tarde despois do xantar; a sabedoría popular do avó centenario; a experiencia ilustradora das vellas que venden no mercado da praza.
Esa dignidade abrumadora coa que a velliña galega percorre o camiño, sempre empedrado, dobrada polos anos; pero aínda asi, erguida.
Costume.
O que perdura cos anos; movendo os pes dos nosos nenos ó compás dos nosos ventos. Movidos por un ritmo interior co que se es nado; movidos pola tradición, pola liberdade, movidos polo sentirse galego.
Revolución.
Os berros dos xóvenes nas rúas, reivindicando facer noso este paraíso que sempre nos pertenceu, coas mans no aire e a testa ben alta, as gorxas que non se gastan, ideais de ferro e corazón ardente.
Suor.
Derramada pola fronte dos nosos fillos, traballadores que enchen a nación, loitando contra a inxustiza e superando os obstáculos que a vida lles mostra. Facendo máis fortes os seus brazos e logrando que os seus hombreiros sexan quen de soportar cargas máis pesadas. Arriscando a súa vida; morrendo en ocasións por defender o seu.
Todo un conglomerado de cousas fan á Galiza especial, prego disculpas a todos vós pois coido que non caben neste modesto espacio.
-------
Falouse sempre da valía desta terra, do moito que podería dar de sí, se a coidasemos e quixesemos coma fillos libertarios que somos, ou deberiamos ser.
Temos unha fronte inesgotable de recursos sen explotar que agarda ser valorada e gozada.
Témolo nas nosas mans. Sexamos fillos.
Queiramos á terra.
lunes, 25 de junio de 2012
Co vento veñen, co vento foxen
Encher con sangue unhas veas frías
Que xa non palpitan.
Dicirlle á lúa; un trago de algo..
Que mate e non engorde.
Arder co desexo estirando un segundo
Que sempre remata.
Flotar rúa abaixo, lembranzas dun tempo..Perdido?
Contigo.
Xeonllos, que xamáis bicarán a terra
Frente perenne, berros ó tempo;
Noites dun día, unidas ó vento
Creando dispersas este sentimento
Desgarros internos, maldicindo ó ceo
Demo, que mal día! – Pensa ca resaca
Profundas feridas, amores que matan
Xente doente chora nas esquinas
Crendo vencidas
Súas almas malditas
Palabras ó vento
Palabras perdidas.
Que non doan os recordos |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)