miércoles, 27 de junio de 2012
SEN MÁIS
Retranca.
A dos vellos nos bares, xogando a partida as catro da tarde despois do xantar; a sabedoría popular do avó centenario; a experiencia ilustradora das vellas que venden no mercado da praza.
Esa dignidade abrumadora coa que a velliña galega percorre o camiño, sempre empedrado, dobrada polos anos; pero aínda asi, erguida.
Costume.
O que perdura cos anos; movendo os pes dos nosos nenos ó compás dos nosos ventos. Movidos por un ritmo interior co que se es nado; movidos pola tradición, pola liberdade, movidos polo sentirse galego.
Revolución.
Os berros dos xóvenes nas rúas, reivindicando facer noso este paraíso que sempre nos pertenceu, coas mans no aire e a testa ben alta, as gorxas que non se gastan, ideais de ferro e corazón ardente.
Suor.
Derramada pola fronte dos nosos fillos, traballadores que enchen a nación, loitando contra a inxustiza e superando os obstáculos que a vida lles mostra. Facendo máis fortes os seus brazos e logrando que os seus hombreiros sexan quen de soportar cargas máis pesadas. Arriscando a súa vida; morrendo en ocasións por defender o seu.
Todo un conglomerado de cousas fan á Galiza especial, prego disculpas a todos vós pois coido que non caben neste modesto espacio.
-------
Falouse sempre da valía desta terra, do moito que podería dar de sí, se a coidasemos e quixesemos coma fillos libertarios que somos, ou deberiamos ser.
Temos unha fronte inesgotable de recursos sen explotar que agarda ser valorada e gozada.
Témolo nas nosas mans. Sexamos fillos.
Queiramos á terra.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Que delicia!
ResponderEliminarPero cando cheguei á parte dos costumes remexéuseme algo por dentro. Refírome, en canto as tradicións: eu como gaiteira que levo anos e anos sinto un aquel especial cando nos xuntamos para tocar pero ó vela foto doume un brinco de mala maneira. E é o recordar ver aos cativos que o fan porque os seus pais os levan polo chiste ás clases e logo velos de gaiteiros na festa e nas fotos é moi bonito.
Non sei, teño un desprezo cara esa parodia dos elementos típicos, como o que fixo Gadis co "malo será".
Son unha comprendida!
Parabéns e polas fotos, son preciosas
Tes moita razon no que dis.Xogar con algo tan valioso para nós coma as tradicións e o folclore, coma obxecto de mero espectáculo baleiro é, como pouco, ofensivo.
EliminarPero bueno... supoño que mentres que o que se inculque sexa o galeguismo e non o contrario... algo bo sacarase de todo isto, non si?
Alégrome de que che guste:)
Ui, releendo o meu comentario quería dicir "son unha incomprendida" (non sabía se era a única que pensaba así ou non)
Eliminar