Encher con sangue unhas veas frías
Que xa non palpitan.
Dicirlle á lúa; un trago de algo..
Que mate e non engorde.
Arder co desexo estirando un segundo
Que sempre remata.
Flotar rúa abaixo, lembranzas dun tempo..Perdido?
Contigo.
Xeonllos, que xamáis bicarán a terra
Frente perenne, berros ó tempo;
Noites dun día, unidas ó vento
Creando dispersas este sentimento
Desgarros internos, maldicindo ó ceo
Demo, que mal día! – Pensa ca resaca
Profundas feridas, amores que matan
Xente doente chora nas esquinas
Crendo vencidas
Súas almas malditas
Palabras ó vento
Palabras perdidas.
Que non doan os recordos |
No hay comentarios:
Publicar un comentario