Meu nome é ninguén, e
son un sinterra
Non teño amo, nin
patria nin deus
O camino fórmano as
miñas pegadas
Son eu quen decide
quen foi e quen veu.
Camiño sen rumbo
Apilando fracasos
Recordos de chumbo
Morren cos meus pasos
Podedes facer de min
A sátira que queirades
Pois vosas vidas
baleiras
Outra cousa xa non saben
Que se escollo como
vida
A de peregrino
salvaxe
Non poñas
impedimentos,
Nin mostres a túa
carraxe
Pois se de medrar escollo;
E medre nas mans do
aire
foi porque así eu o quixen,
e ca lúa do ceo baile.
..
Meu nome é ninguén, e son un sinterra
Xurei non morrer, máis penso cumprir
se de mornos chíos miña gorxa berra
a vida de vento que quixen vivir.
![]() |
"Ceibes vivimos hoxe, ceibes morreremos mañá" |
No hay comentarios:
Publicar un comentario