sábado, 2 de junio de 2012

Mensaxe para quen queira.

Queridos lectores, son Unha Voz e teño algo que decirvos.
Moro nesta terra dende que a miña memoria o lembra; vin de todo canto pode percorrer estes camiños.
De todo?
Básome na única certeza certa cando afirmo, que nin cando morra, nin aínda que vivira cincocentas vidas coma esta, podería ver de todo o que esta terra dispón.
De verdade, non vos dades conta de todo o que temos? Día a día teño a oportunidade de comprobar que hai persoas cuxo corazón ten unha franxa azul e unha estrela vermella no medio debuxada; xente que non ten reparo en dicir abertamente, que comparten e levan ese sentimento que, con perdón ós coñecidos casteláns, é preciso ser galego para sentir. Temos o camiño aberto polos que viñeron antes que nós, e a nosa misión é deixarllo máis fácil ós que virán despois.
É fermoso comprobar que hai xente, capaz de portar e compartir este ideal único co que nace cada galego e galega do mundo. Emocióname que un anaquiño da vosa vida estea adicado a este anaco de terreo.
Pero non todo é tan transparente. Polo de agora, nin sequera somos unha minoría.
Debemos darnos de conta de que os maiores detractores de Galiza son os propios galegos, ¡Compartimos terreo con eles!
Pero estamos cegos. Deixámonos tanto a pel en tentar que o noso folclore sexa respetado fóra, que non vemos o que temos na casa.
Vergoña.
Vergoña de lingua, vergoña de historia. Vergoña de cultura. ¡Galegos que foxen! ¿De quén?
¡DE SI MESMOS!
Abrámo-los ollos, e miremos cara dentro. Galiza nos necesita, agora máis ca nunca.
O momento é aquí e agora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario