domingo, 10 de junio de 2012

Progreso. Onde?

Estamos a vivir nunha época na que todo o que nos fixo humanos un día, estase perdendo. O diñeiro, as fortunas, toda esa tecnoloxía banal cuxo propósito é achegarnos uns a outros, é o que nos está afastando.
Pretendo lembrar tempos que non foron os meus, onde o maior sentimento era o de agarra-la man dun irmán de pensamento, o de deixar fluír verbas berradas con emoción dos nosos beizos, o de lograr todo canto nos propuxeramos somentes ca suor da nosa fronte, notabamos a indignación das inxustizas nas nosas veas; sen dependencias, vivíamos na terra das liberdades e sentiamonos libres, e agora, no medio de tanto avance e tanto conto, volvemos cara atrás, convertidos en prisioneiros de nós mesmos.
Isto é o que chaman progreso.
Rematando co xénero humano, creando barreiras.
Encadeados.
Encadeados ó que alguén chama progreso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario