jueves, 21 de junio de 2012

Fervenza chamada amor; ...

Sombra inerte que palpita,
delirios do corazón
se aínda miúda fora
non calaría esta dor.

Feitizo descoñecido
Conciencia do pecador
Inxuria do camiñante
que moitos chaman amor.

Ó ser sentimento cego
ataca sen condición
pois sendo galán ou crego,
fondo crava este aguillón.

Sen pesada artillería,
nin coraza de latón,
é frío coma unha estaca
ardente coma o carbón
Á miña comprensión escapa;
como tan banal prisión
ó meu verde corpo atrapa,
quecendo sen ton nin son,

Pero, qué haberá máis certo,
ca este doce morrer mol?
digo a corazón aberto;
Fervenza chamada amor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario